Sunday 05 de May de 2024

O Concello instala unha nova marquesiña para os estudantes de Bemantes


A administración local solicitou á Xunta de Galicia esta infraestrutura, e ante o compromiso incumprido da administración autonómica decidiuse colocar outra provisional para cubrir as necesidades dos escolares que teñan que esperar o autobús

O Concello de Miño instalou esta mañá unha nova marquesiña para os estudantes de Bemantes. A
administración local solicitou á Xunta de Galicia esta infraestrutura, e #ante o compromiso incumprido da
administración autonómica decidiuse colocar outra de maneira provisional para cubrir as necesidades
dos escolares que teñan que esperar o autobús.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo; o concelleiro de Obras, Agustín Sanz; e a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Belo, acudiron esta mañá para supervisar os traballos, que se finalizarán en breves coa
colocación dos cristais protectores.
Desde o goberno local afirman que ‘era necesario dar unha solución ás e os estudantes de Bemantes,
que tiñan que esperar o autobús á intemperie. Seguiremos esperando á colocación definitiva desta
marquesiña, pero mentres tanto esta solución provisional cumprirá coas expectativas previstas. Desde
o Concello queremos agradecer á familia que cedeu a parcela e poder así colocar a marquesiña’,
sinalan.